Publicación


Persoas que pintan a paisaxe

Persoas que pintan a paisaxe é a publicación que acompaña á candidatura co obxecto de facer visíbeis os conceptos implícitos no territorio, do xeral ao particular, e do marco xeográfico aos seus habitantes.

A través das fotografías e dos textos de autoras e autores sobranceiros, preténdese amosar os valores senlleiros deste espazo, e acompañar ao Formulario cunha síntese gráfica e literaria deses atributos.

As portadas (persoas tisnadas polo Oso do Entroido de Salcedo na Pobra do Brollón) e o título reflicten a esencia do concepto de Paisaxe Cultural recollido na Convención do Patrimonio Mundial: a acción conxunta do home e da muller coa natureza, porque sen elas, sen as persoas, non teríamos esta paisaxe.



Formulario dixital da Ribeira Sacra.
Candidatura da Ribeira Sacra
á Lista do Patrimonio Mundial
da UNESCO.

Xunta de Galicia.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
patrimonio.cultura@xunta.es
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela,
Galicia. España.
(+34) 981 544 809

Aviso legal

Candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO