Mapa da candidatura da paisaxe cultural da Ribeira Sacra á Lista do Patrimonio Mundial, no que se fai un achegamento á súa situación dentro de Europa, España e Galicia.
De seguido amósanse as diferentes zonas propostas para: o ben, a súa zona de amortecemento e a área de estudo, todo elo acompañado por datos que caracterizan cada ámbito.
Selección de perfís topográficos a escala real, trazados polos principais monumentos da Ribeira Sacra. Neles represéntase mediante un punto vermello a situación do elemento en relación ao río, que aparece en cor azul.
Todas as seccións están realizadas seguindo o sentido descendente dos ríos Miño e Sil, e cunha extensión que abrangue ao compoñente Ribeiras, representado en vermello no plano superior.
Formulario dixital da Ribeira Sacra.
Candidatura da Ribeira Sacra
á Lista do Patrimonio Mundial
da UNESCO.
Xunta de Galicia.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
patrimonio.cultura@xunta.es
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela,
Galicia. España.
(+34) 981 544 809
Aviso legal
Candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO