É o compoñente máis extenso de Ribeira Sacra e abrangue os vales encaixados do Miño e o Sil e os seus afluentes. Contén os principais atributos que definen o Valor Universal Excepcional do Ben como os socalcos que ascenden pola pendente e construcións como a necrópole de Barxacova, os mosteiros de Abeleda, San Cristina, Santo Estevo de Ribas de Sil e Pombeiro así como Ribas de Miño, Diomondi, Atán, Pesqueiras, A Cova e Chouzán ou igrexas como Santa María de Nogueira.
Detalles do documento de doazón que Tareixa de Portugal fixo ao mosteiro de Montederramo en 1124 onde se pode ver un sol e o Crismón coa intersección das letras gregas X (ji) e R (ro), e A (alpha) e W (omega) que significa principio e fin. É dicir, Cristo é o principio e o fin do mundo.
Centrada no mosteiro de San Pedro é o testemuño máis antigo documentado da fundación dunha abadía en Europa occidental, feito ocorrido no 573, sendo bispo de Ourense Witimer - segundo a lápida da consagración atopada no Museo Arqueolóxico de Ourense-. Ademais, é o único mosteiro de época sueva que permanece en pé. É un templo hipoxeo de tres naves, esculpido na rocha, que combina formas inspiradas nos mosteiros da Capadocia.
Fragmento da doazón de Dona Tareixa de Portugal (1124), na que aparece a primeira referencia á carballeira sagrada Revoyra Sacrata.
Centrada no mosteiro cisterciense de Santa María que deu nome ao territorio da Ribeira Sacra cando a infanta Tareixa de Portugal doou unha carballeira sagrada (Revoyra Sacrata) para a fundación do mosteiro no ano 1124. No século XVI , o padre Yepes reinterpretou o termo como unha ribeira sagrada consagrada pola alta concentración de mosteiros, igrexas e capelas que estaban situadas á beira dos ríos Miño e Sil. Montederramo simboliza a evolución das ermidas ás grandes abadías.
Sinatura de Dona Tareixa de Portugal no documento de doazón de 1124.
Centrada no mosteiro de Santa María é a única das grandes concentracións cenobíticas existentes en todo este territorio que segue mantendo a vida relixiosa dende o momento da súa fundación no século X ata hoxe. Máis de mil anos de historia que atesouran os seus muros, converténdose nun exemplo excepcional da evolución arquitectónica dun complexo cisterciense con elementos excepcionais como a igrexa ou o Pazo das Donas que o converten nun activo único.
Formulario dixital da Ribeira Sacra.
Candidatura da Ribeira Sacra
á Lista do Patrimonio Mundial
da UNESCO.
Xunta de Galicia.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
patrimonio.cultura@xunta.es
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela,
Galicia. España.
(+34) 981 544 809
Aviso legal
Candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO