Un dos procesos máis complexos na definición dun ben de interese cultural de ámbito territorial e dunha extensión coma a presente, é a súa delimitación e a dos diferentes ámbitos que se precisan para unha protección efectiva dos seus valores.
O traballo multidisciplinar, as ferramentas propias dos sistemas de información xeográfica, a revisión polos diversos departamentos, institucións e órganos consultivos, e a participación activa e crítica dos axentes locais, foron a base para esta proposta.
Acompáñanse nesta páxina a planimetría publicada no Diario Oficial de Galicia correspondente co plano de conxunto a escala 1/200.000, os dezasete planos a escala 1/25.000 e os 151 planos de detalle a escala 1/5.000.
Formulario dixital da Ribeira Sacra.
Candidatura da Ribeira Sacra
á Lista do Patrimonio Mundial
da UNESCO.
Xunta de Galicia.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
patrimonio.cultura@xunta.es
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela,
Galicia. España.
(+34) 981 544 809
Aviso legal
Candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO