Ribeira Sacra, candidata á Lista do Patrimonio Mundial

Benvidos a esta páxina deseñada para visibilizar miles de anos de historia e traballo das xentes que aquí viviron e viven, que confluíron na creación deste singular territorio coñecido internacionalmente como Ribeira Sacra.

Logo da súa declaración como ben de interese cultural na categoría de Paisaxe Cultural pola Xunta de Galicia en 2018, en 2019 foi aprobada polo Consejo del Patrimonio Histórico Español como candidata á Lista do Patrimonio Mundial.

A páxina contén datos útiles sobre a planimetría da delimitación, unha descrición sintética dos elementos principais da declaración, así como imaxes e percorridos virtuais do patrimonio relixioso da Ribeira Sacra.

Esperamos que a información que se achega lle permita iniciar unha aproximación aos valores extraordinarios deste ámbito, exemplo sobranceiro da acción conxunta das persoas e a natureza, fomentando ao mesmo tempo un desfrute respectuoso deste territorio que os galegos e galegas queremos compartir co mundo.


Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Xunta de Galicia




Fotos tiradas do libro “Persoas que pintan a paisaxe”.

Máis información


Formulario dixital da Ribeira Sacra.
Candidatura da Ribeira Sacra
á Lista do Patrimonio Mundial
da UNESCO.

Xunta de Galicia.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
patrimonio.cultura@xunta.es
Edificio administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela,
Galicia. España.
(+34) 981 544 809

Aviso legal

Candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO